Por Decreto da Alcaldía do 15 de setembro de 2014 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 27/14).
2. Obxecto do contrato: prestación de diferentes servizos de hixiene ambiental.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 63.001,60 € (54.548,18 € máis 8.453,42 € da aplicación dos diferentes tipos de IVE que se van aplicar, polo prazo de dous (2) anos (posibilidade de prórroga por un (1) ano).
5. Prezos unitarios: segundo se establece no prego de prescripcións técnicas.
6. Lotes: lote 1 cun orzamento de 31.633,80 € (27.550 € + 4.083,80 € da aplicación dos diferentes tipos de IVE que se van aplicar) e para o lote 2 cun orzamento de 31.367,80 € (26.998,18 € + 4.369,62 € da aplicación dos diferentes tipos de IVE que se van aplicar).
7. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
8. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
9. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
10. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
11. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 5 de setembro de 2014
José Nelson Santos Argibay
Alcalde
