Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.

Pontevedra, 11 de setembro de 2014

P.A. (Resolución 6.3.2014)
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra
do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Credencial

DNI/NIE

Nome e apelidos

Enderezo

CP

Concello

68663

35319046Q

Andrés García Rodríguez

Encoirados, 23 A

36163

Poio

68703

X7373605N

Marielly Christiny dos Santos

Travesía de Vigo 209 B-3ª porta 16

36207

Vigo