Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43619

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de setembro de 2014 pola que se nomea funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, a aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación de emprego convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 (DOG núm. 144, do 28 de xullo) en execución de sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo do 25 de xuño de 2014, ditada no recurso de casación 2688/2013.

Con data do 25 de xuño de 2014 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditou sentenza, que e firme, cuxa parte dispositiva dispón:

«1. Haber lugar ao recurso de casación interposto por Mayra Correa Precedo contra a sentenza do 15 de maio de 2013, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (ditada no recurso contencioso-administrativo núm. 697/2010), e anular a dita sentenza para os efectos que se declaran a seguir.

2. Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto pola dita recorrente no proceso de instancia e anular por non ser conforme a dereito a actuación administrativa que foi impugnada, con esta concreta finalidade: que a Administración demandada lle recoñeza na fase de concurso un total de dous puntos no mérito de formación previsto na base II.2.2 da convocatoria litixiosa co alcance que foi expresado no último fundamento de dereito».

En execución da dita sentenza a demandante obtén as seguintes puntuacións:

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Fase concurso

Total

19,83

5,83

Exento

2,00

27,66

De conformidade coa puntuación total obtida no concurso-oposición e cos criterios de desempate previstos na base IV.1 correspóndelle a quincuaxésima (50) posición na orde de prelación dos aspirantes, polo que superaría o proceso selectivo extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1 (DOG núm. 56, do 21 de marzo de 2011, e DOG núm. 12, do 17 de xaneiro de 2013).

De acordo co exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, a aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 en execución da sentenza do 25 de xuño de 2014 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditada no recurso de casación 2688/2013.

Segundo. Adxudicar á dita aspirante como destino definitivo o posto de traballo que figura no anexo.

Para adquirir a condición de funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, a aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

Correa Precedo, Mayra

46909276V

INC020000115770065

IN

Xefatura grupo

14

C1/C2

Vicesecretaría Xeral

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela