Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación do outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de diversos espazos nos centros hospitalarios e de saúde para a explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, bebidas frías e produtos sólidos alimentarios (referencia AB-EIC1-14-017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2-1º andar, 15001 A Coruña, Teléfono 981 17 80 73; telefax 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión.

b) Descrición do obxecto: concesión de ocupación de dominio público de diversos espazos nos centros (hospitalarios e de saúde) dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, para a explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, bebidas frías e produtos sólidos alimentarios.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Prazo de execución/entrega: catro (4) anos, contados desde a data do acta da súa formalización mediante o documento concesional.

e) Admisión de prórroga: si. A concesión poderá prorrogarse, antes da súa finalización, por mutuo acordo das partes. A duración total da concesión, incluídas as prórrogas, non poderá exceder os oito (8) anos.

3. Tramitación y procedemento: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon:

Para efectos do presente contrato establécese un canon mínimo anual de 60.000,00 € para o primeiro exercicio de actividade.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao importe do canon anual ofertado.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do cuadraxésimo (40) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Hospital Abente y Lago.

2. Enderezo: Paseo General Sir John Moore, nº 2-2º andar.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda do edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: a data de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 28 de agosto de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña