1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: obras, non suxeito a regulación harmonizada.
b) Descrición do obxecto: obras de restauración da Porta Miñá, na muralla romana de Lugo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
c) Prazo de execución: máximo de seis (6) meses.
d) CPV (referencia de nomenclatura): 45400000-1, 45454100-5, 45261420-4.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación:
Importe sen IVE: 206.181,42 €.
IVE (21 %): 43.298,10 €.
Importe total: 249.479,52 €, IVE incluído.
Anualidades (IVE incluído):
2014: 74.843,86 €.
2015: 174.635,66 €.
5. Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.
6. Obtención de documentación e información:
a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico das obras poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.
b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21271
Información de índole administrativa 981 54 48 71.
Información de índole técnica 981 54 65 95.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia técnica ou profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Compromiso de adscrición de medio: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo observarase o previsto na cláusula 14.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do Diario Oficial de Galicia por liña é 10,82 €.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria