Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña,
polo que se notifica o inicio dos expedientes PSC-CO-0486/2014-PPM e
PSC-CO-0487/2014-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0486/2014-PPM e outro máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, situada na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 22 de setembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0486/2014-PPM.

Persoa interesada: María Teresa Conde dos Santos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: A Ponte da Pasaxe, s/n, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0487/2014-PPM.

Persoa interesada: Gonzalo Romero Borja.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000, A Ponte da Pasaxe, A Coruña.