Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43631

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1385/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1385/2012 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Nostian, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza: 416/2014.

Nº de autos: 1385/2012.

Na cidade da Coruña, dezaoito de setembro de dous mil catorce.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz Ferreiro Liaño do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Fundación Laboral de la Construcción, que comparece representado e asistido do letrado Sr. Adrián Núñez Fernández e doutra como demandado Nostian, S.L., que non comparece e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparece.

Decido

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Inversora Obelisco, S.A. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 238,06 euros en concepto de principal e recarga por demora.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe polo maxistrado xuíz se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Doy fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nostian, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de setembro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial