A titularidade do centro privado Liceo La Paz, do concello da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Servizos de Restauración, e a autorización do ciclo formativo de grao superior (CS) Transporte e Loxística.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Primeiro.
1. Suprimir o CM Servizos de Restauración e autorizar o CS Transporte e Loxística, no centro privado Liceo La Paz, que queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado.
Denominación específica: Liceo La Paz.
Código: 15004265.
Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 12.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.
2. Composición resultante:
2.1. Educación infantil: 15 unidades.
2.2. Educación primaria: 30 unidades.
2.3. Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.
2.4. Bacharelato:
• 8 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; e Humanidades e Ciencias Sociais.
• 4 unidades da modalidade de Artes: vía Artes Escénicas, Música e Danza e vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.
2.5. Formación profesional:
2.5.1. Ciclos formativos de grao medio:
• 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CM Emerxencias Sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 2 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 2 CM Xestión Administrativa (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
2.5.2. Ciclos formativos de grao superior:
• 2 CS Administración e Finanzas (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 2 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 2 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 2 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 2 CS Documentación Sanitaria (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 2 CS Educación Infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Imaxe para o Diagnóstico (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Sistemas de Telecomunicación e Informáticos (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Transporte e Loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
2.6. Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:
• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.
• Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais.
Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.
Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que sinala a esta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria