Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública (expediente 2012/047/10).

En cumprimento do disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2012/047/10, tramitado por instancia de José Rodríguez Alba, en representación de Ebanistería Roal, S.L., para a concesión da licenza de apertura e funcionamento dunha empresa de taller de carpintaría de madeira que se instalará na parcela I-16 do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

O prazo será de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase á disposición do público, no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crea oportunas.

Bergondo, 23 de setembro de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa