Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44269

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional en varias especialidades.

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 189, do 3 de outubro de 2014, é necesario efectuar as seguintes modificacións:

No punto primeiro, nas especialidades de Organización e Procedementos de Mantemento de Vehículos (590111) e Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica (590112), páxinas 43190 e 43191, deben engadirse, na epígrafe de titulación exixida, Enxeñería Agrícola e Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.