Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes (Pesan 1 2013/001600-1 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar.

Nº de expediente: Pesan 1 2013/001600-1.

Interesado: Marcos García Calo.

DNI: 53481002E.

Enderezo: Espiñeira, 22, Boiro.

Nº de expediente: Pesan 1 2013/001607-1.

Interesado: Carlos García Dieste.

DNI: 76965595M.

Enderezo: A Madanela, 52, Escarabote, Boiro.

Nº de expediente: Pesan 1 2013/001653-1.

Interesado: Juan José Domínguez García.

DNI: 32449409C.

Enderezo: avenida de Vilaboa, 197, baixo, Vilaboa, Culleredo.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña