Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44432

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014 pola que se fai público o acordo do Consello Reitor de nomeamento do posto de director/a da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións, anunciado pola Resolución do 7 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 138, do 22 de xullo).

Convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, mediante a Resolución do 7 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 22 de xullo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida resolución e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, anunciado pola Resolución do 7 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 22 de xullo).

Segundo. A persoa seleccionada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.

Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, na súa nova redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, lle sexan concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a persoa que obtivo a praza, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión. A seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Quinto. Contra o acordo do Consello Reitor os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2014

María del Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Lence Paz, Adrián.

Tipo de persoal: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Categoría: técnico/a superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información, subgrupo A1.

Denominación do posto: director/a da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións.

Código: PX.A11.00.004.15770.001.

Directivo grupo III, nivel 2.

Localidade: Santiago de Compostela.