Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes de requirimento de pagamento de débedas (expediente LRD-003/14 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefe da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo; edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 23 de setembro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: LRD-003/14.

Interesadas: comunidade hereditaria de Dionisio Castro Lombao e Avelina Abuín Barreira.

Último enderezo conocido: Río Xordo, 9-1º esq., Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-045/14.

Interesadas: comunidade hereditaria de Santiago Iglesias Martín e Mercedes Corredoira Rodríguez.

Último enderezo conocido: rúa Castro Gil, 8-1º B, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-018/14.

Interesados: José González Teijeiro e Esther Martínez Pardo.

Último enderezo conocido: Aquilino Iglesia Alvariño, 1, portal 3-3º A, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-031/14.

Interesadas: Ana Concepción Parga Fernández e comunidade hereditaria de Enrique Varela Vázquez.

Último enderezo conocido: Aquilino Iglesia Alvariño, 11-5º A, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.