Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:
Que no procedemento ordinario 752/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Boquete Codesido en materia de reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:
«Parte dispositiva.
Acordo:
Ter por desistida a María Mercedes Boquete Codesido da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.
Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento da súa razón».
E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxín, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014
A secretaria xudicial