Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 9 de outubro de 2014, da Delegación da Coruña, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Suárez Sixto, María Jesús e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao no ser posible efectuar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, logo dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por medio deste anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os actos foron adoptados polas oficinas liquidadoras do distrito hipotecario que se cita no inicio de cada relación.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas liquidadoras que se citan, no enderezo que se expresa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de outubro de 2014

Regina Losada Trabada
Delegada da Coruña

ANEXO

Oficina Liquidadora de Santiago

Praza da Constitución, s/n (Edificio Rexistros)

15702 Santiago de Compostela

Interesado

NIF/CIF

Procedemento

Suárez Sixto, María Jesús

NIF: 33157847N

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: S-376/2007

Trámite de audiencia

Suárez Sixto, Emilio

NIF: 33149223J

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: S-376/2007

Trámite de audiencia