Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de setembro de 2014 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/41/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/41/2013-RP1, a Manuel Sobral Amoedo e Rosario Sobral Tomé, en relación coas obras consistentes na instalación de remolque-caravana, soleira e unha carpa, no Camiño da Lavandeira do Viso, 5, Bº, Tuimil, O Viso, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística