Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44782

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4603/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4603/2012 desta sección, instado polo Fondo de Garantía Salarial sendo parte José Gallo Pérez, a empresa Ferlosa, S.L., e os seus administradores concursais Víctor Sánchez López e José Benito López Ferreiro, se ditou resolución con data do 24 de setembro de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: estimamos o recurso de suplicación formulado pola avogada do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza con data do 8 de maio de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, seguido por instancia de José Gallo Sánchez sobre reclamación de cantidade, revogando a expresada resolución e absolvendo a entidade demandada da petición deducida no escrito reitor.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario de réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferlosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

A secretaria xudicial