Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (506/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 506/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rozas Rozas contra Puertas y Molduras de Galicia, S.L., Portalko Portais Especiais e Porta, S.L., Codiga Suministros Industriais da Construccion, S.L.N.E. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por María Rozas Rozas, asistida polo letrado Sr. Freijeiro Otero, contra Codiga Suministros Industriais da Construcción, S.L.N.E., Puertas y Molduras Galicia, S.L. e Portalko, Portais Especiales e Portas, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que lle aboen solidariamente á demandante a suma de cinco mil novecentos noventa e cinco euros con sesenta e tres céntimos (5.995,63 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Puertas y Molduras de Galicia, S.L., Portalko Portais Especiais e Porta, S.L., Codiga Suministros Industriais da Construcción, S.L.N.E. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial