Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de diverso material de celulosa, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática, por aplicación de fórmulas e criterios non avaliables de forma automática, cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (procedemento MS-EIL1-14-018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Teléfonos: 982 29 60 24, 47 e 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-EIL1-14-018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: o obxecto da contratación é a subministración sucesiva de diverso material de celulosa para os centros integrantes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos dependente do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/sete.

d) Lugares de execución/entregas:

1) Lugares: Hospitais Lucus Augusti, Comarcal de Monforte e da Costa.

2) Domicilios: r/ Dr. Ulises Romero, 1, rúa Corredoira, s/n, e rúa Rafael Vior, s/n, respectivamente.

3) Localidades e códigos postais: Lugo, 27003; Monforte de Lemos, 27400 (Lugo) e Burela; 27880 (Lugo), respectivamente.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33760000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o número 11 das follas de especificacións (portada) do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 600.801,60 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe: s/IVE: 250.334,00 €. IVE (21 %): 52.570,14 €. c/IVE: 302.904,14 €.

6. Garantías exixidas: provisional (importe): no/0,00 €. Definitiva: 5 % do orzamento s/IVE do contrato (12.516,70 €).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver os números 16 e 17 das follas de especificacións (portada) do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

1) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 24 de novembro de 2014.

2) Modalidade de presentación: a salientada nos pregos.

3) Lugar de presentación:

a) Dependencia: Rexistro Xeral, 2ª plta. do Hospital Universitario Lucus Augusti.

b) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

«Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o devandito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte».

4) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

5) Admisión de variantes, se procede: non.

6) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas.

1) Descrición: apertura pública. Sobres B e C.

2) Enderezo: Hospital Lucus Augusti. R/ Dr. Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso).

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 2 de outubro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos