Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45109

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 17 de outubro de 2014 que modifica a Orde do 4 de agosto de 2014 pola que se convocan novamente para o 2014 as axudas para fomentar a utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

missing image file

A Orde do 4 de agosto de 2014 (publicada no Diario Oficial de Galicia nº 153, do 13 de agosto) pola que se convocan novamente para o ano 2014 as axudas para o fomento de utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014, establece no seu artigo 14 un prazo de xustificación e solicitude de pagamento da subvención ata o 31 de outubro de 2014.

Debido a que a tramitación destas axudas se atrasou no tempo e non puideron ser aprobadas ata o día 14 de outubro, o período de tempo do que disporen os beneficiarios destas para a adquisición da maquinaria é demasiado curto para poder xustificalas en tempo e forma, o que é unha causa de atraso imputable á Administración.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificar a Orde do 4 de agosto de 2014 pola que se convocan novamente para o ano 2014 as axudas para o fomento de utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014, como segue.

Un. Modifícase o número 1 do artigo 14 do seguinte modo:

1. Para esta convocatoria, a xustificación dos investimentos subvencionados, que figura no parágrafo 4 do artigo 22 da Orde do 19 de abril de 2013, deberá realizarse ata o 15 de novembro de 2014, inclusive.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar