Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45413

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014 pola que se ordena publicar a decisión do xurado do premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Á vista da proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre a convocatoria do Premio Elías Valiña 2014 pola Orde do 10 de xuño de 2014, ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago, e estando conforme con ela en todos os seus termos,

RESOLVO:

1. Conceder o XIX Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago á entidade Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Japón.

2. Facer a mención especial, prevista no artigo 1.1 da orde de convocatoria e no número 7.2 da base reguladora, a Paolo Caucci von Saucken.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria