Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (439/2014).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 439/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanessa Seijas Boado contra a empresa Limperhostel, S.L., Yare 2010, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución con data do 30 de setembro de 2014 contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento disto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limperhostel, S.L., Yare 2010, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial