Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2014/069-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Expediente: IN407A 2014/069-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra San Nicolau.

Situación: concello de Frades.

Características técnicas:

– Proxéctase un novo centro de seccionamento que se instalará no interior dun edificio prefabricado de formigón tipo monobloque, que será o punto de manobra das liñas:

– LMT Visantoña IV, CT Marís-Frades (expediente IN407A-2004/67).

– LMT San Nicolau e Panica (expediente 51221).

– LMT Consello (expediente IN407A-1996/299).

– Neste centro de seccionamento instalaranse cinco celas de media tensión, unha cela de entrada para a liña Visantoña IV, CT Marís-Frades e tres celas de saída para as liñas Visantoña IV, CT Marís-Frades, San Nicolau e Panica e Consello, unha dela de protección con trafos de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares. Todas elas con illamento e corte en SF6. Tamén se proxecta a substitución do apoio existente, s/n, de tipo HV-1000/15-CA por un HVH-4500/15 mantendo a posición e altura do anterior.

– Adicionalmente, proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu comezo no paso de aéreo a soterrado para facer no novo apoio HVH-4500/15 da LMT Visantoña IV, CT Marís-Frades (expediente IN407A-2004/67), e final nunha das celas de liña para instalar no centro de seccionamento San Nicolau proxectado; a lonxitude total da liña proxectada é de 52 metros.

– Proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu comezo nunha das celas de liña para instalar no centro de seccionamiento San Nicolau proxectado e que finalizará no paso de soterrado a aéreo que se fará no novo apoio HVH-4500/15 da LMT Visantoña IV, CT Marís-Frades, con conexión coa liña LMT Visantoña IV, CT Marís-Frades (expediente IN407A-2004/67), a lonxitude total da liña proxectada é de 52 metros.

– Proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu comezo nunha das celas de liña para instalar no centro de seccionamiento San Nicolau proxectado e finalizará no paso de soterrado a aéreo que se fará no novo apoio HVH-4500/15 da LMT Visantoña IV, CT Marís-Frades, con conexión coa liña LMT San Nicolau e Panica (expediente 51221); a lonxitude total da liña proxectada é de 52 metros.

– Proxéctase un novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu comezo nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamiento San Nicolau proxectado e que finalizará no paso de soterrado a aéreo para facer no novo apoio HVH-4500/15 da LMT Visantoña IV, CT Marís-Frades, con conexión coa liña LMT Consello (expediente IN407A-1996/299), a lonxitude total da liña proxectada é de 52 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña