Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45915

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (CM-01/2014 do 26 de maio) para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de grupo-área de cociña.

Convocada pola Resolución CM-01/2014, do 26 de maio (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 23 de xuño), a provisión dun posto de xefe de grupo-área de cociña, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de grupo-área de cociña, realizada mediante Resolución CM-01/2014, do 26 de maio (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 23 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 30 de setembro de 2014

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe de grupo-área de cociña.

Nome e apelidos: Carmen Louro Brandariz.

DNI: 76338654-K.