A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Academia A Mariña.
3. Datas:
Os días 17, 19, 20, 25 e 27 de novembro de 2014.
4. Lugar de realización:
Academia de Ensinanza Newton.
Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo.
27800 Vilalba (Lugo).
5. Número de prazas:
Máximo 30 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo o modelo do anexo.
9. Programa:
Día 17.11.2014 |
|
15.30-17.30 h |
Biocidas. Descrición e xeneralidades. |
17.30-19.45 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
Día 19.11.2014 |
|
15.30-18.30 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas. |
18.30-19.45 h |
Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases. |
Día 20.11.2014 |
|
15.30-16.30 h |
Praguicidas e ambiente II. Problemas que presentan II. Destrución de envases II. |
16.30-19.45 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 25.11.2014 |
|
8.30-11.30 h |
Prácticas e demostración/exemplificación con EPI. |
11.30-12.45 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Prácticas. |
Día 27.11.2014 |
|
8.30-10.30 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas. |
10.30-11.45 h |
Repaso xeral. |
11.45-12.45 h |
Realización do exame. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Academia A Mariña.
Datas: os días 17, 19, 20, 25 e 27 de novembro de 2014.
Lugar de realización do curso:
Academia de Ensinanza Newton.
Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo.
27800 Vilalba (Lugo).
Duración:
20 horas teórico-prácticas.
Horario:
O 17, 19 e 20 de novembro, das 15.30 ás 19.45 horas. Os días 25 e 27 de novembro, das 8.30 ás 12.45 horas.
Nº de prazas:
Máximo 30 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña. Avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.
Teléfono: 982 58 50 98. Fax: 982 57 51 01.
Correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de:
– Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.
Criterio de selección:
Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.
Nome e apelidos.....................................................................................................................
Data de nacemento................................................................................................................
NIF/DNI..................................................................................................................................
Enderezo..................................................................................................................................
CP......................................... Localidade................................................................................
Teléfono.............................. Correo electrónico......................................................................