Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 46985

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de outubro de 2014 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante a Orde do 18 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro) fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas.

O artigo 77 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que a representación dos intereses sociais no consello social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social. Na representación destes intereses figura, entre outros, un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus.

Con data do 28 de outubro de 2014 tivo entrada na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria un escrito do presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela comunicando a renuncia do membro do Consello Social designado polo Concello de Santiago de Compostela Rebeca Domínguez Iglesias e o nomeamento de Mª José Corral López. De acordo co artigo 79 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, o mandato do membro substituto estenderase só polo tempo que reste para concluír o do substituído.

Xúntase declaración de non estar incurso nas incompatibilidades sinaladas no artigo 78 da mencionada Lei 6/2013.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seran comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Mª José Corral López membro do Consello Social da Universidad de Santiago de Compostela, designada polo Concello de Santiago de Compostela, en substitución de Rebeca Domínguez Iglesias.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria