Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47194

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, para a contratación da obra de construción dunha miniresidencia con dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal no concello de Vilardevós.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/OBR/003/14.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dunha obra de construción dunha miniresidencia con dependencias para a promoción da autonomía persoal no concello de Vilardevós.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.441.209 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación, excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/da contratista.

a) Clasificación: grupo c, subgrupos 2 e 4, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A o número do dito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio, o 16 de decembro de 2014, ás 10.00 horas, e a do sobre C, na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, tamén se publicará no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Subcontratación.

a) As prestacións parciais que poderá subcontratar o adxudicatario non excederán o 60 % do importe da adxudicación.

b) Deberase notificar ao Consorcio a identidade das subcontratas que participen no contrato, así como presentar o xustificante de cumprimento dos pagamentos que se farán nos prazos legalmente dispostos.

11. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

12. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar