Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47249

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de outubro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no uso das atribucións conferidas polo seu artigo 17.4, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a esta praza todos/as os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No caso de que resulten seleccionados para ocupar os postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatorio/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Código do posto: ED.301.00.000.15770.031.

Denominación do posto: xefatura do Servizo Técnico-Xurídico.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo do posto: S.

Forma de provisión: LD.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 euros.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia.

Titulación académica: (2062) licenciado en dereito.

missing image file