Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, anuncia polo presente edicto que neste xulgado se tramita procedemento de divorcio contencioso número 230/2013, seguido por instancia de Roberto Ramiro Salgado Guerreiro contra Luisa Medina Caro e que se ditou sentenza o 1 de xullo de 2014, do teor literal seguinte.
Antecedentes de feito:
Primeiro. Presentouse demanda o 24 de maio de 2013, na cal se solicitaba a declaración do divorcio do matrimonio formado por Roberto Ramiro Salgado Guerreiro e Luisa Medina Caro.
Segundo. A parte demandada non contesta a demanda, nin comparece, polo que se lle declara en situación de rebeldía procesual. Non intervén o Ministerio Fiscal, xa que non existen fillos menores comúns.
Terceiro. O día 1 de xullo de 2014 celebrouse vista pública, na cal se admitiron as seguintes probas documentais por reproducida das que se practicaron todas.
Decido:
Acordo:
1º. A disolución do matrimonio formado por Roberto Ramiro Salgado Guerreiro e Luisa Medina Caro.
Unha vez firme esta sentenza procédase á anotación no Rexistro Civil de Carballedo, no tomo 36, folio 112.
Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.
Chantada, 27 de outubro de 2014
A secretaria xudicial
