Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de outubro de 2014 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva (expediente IU3/110/2011-C1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de setembro de 2014, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva a José Antonio Otero Piñeiro como consecuencia de incumprir a Resolución do 18 xuño de 2012 pola que se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar sen vinculación a explotación agropecuaria, no lugar de Vilar, Marnés, parroquia de Pantón, no termo municipal de Pantón, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución o interesado pode interpoñer recurso de reposición, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística