Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2011/104-1).

Con data do 18 de xaneiro de 2013, Unión Fenosa Distribución, S.A. comunicou á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas o cambio de titularidade e a subrogación dos dereitos e obrigas asumidos en virtude das autorizacións administrativas outorgadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a nome de Electra del Jallas, S.A.U., quedando constancia que o 4 de decembro de 2012 se elevou a pública a escritura de fusión da sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A. e Electra del Jallas, S.A.U. outorgada ante o notario de Madrid Fernando de la Cámara García, baixo o número 2.571 do seu protocolo, e que se inscribiu no Rexistro Mercantil de Madrid, no tomo 30183, libro 0, folio 105, sección 8, folla M503809, inscrición ou anotación 28, o 31 de decembro de 2012.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2011/104-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1 LMTS, CT e RBT Polígono Industrial de Allo.

Situación: concello de Zas.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV baixo tubo Ø160 mm, de 592 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 × 240 mm2 Al), con orixe no paso aerosoterrado (PA/S) dotado de elementos de seccionamento (SXS) e pararraios autoválvulas que se instalará no apoio nº 13-9, de formigón tipo AL-HV-630/13, pertencente á LMT aérea CBA-810 Zas (treito LMTA ao CT Cebola (expediente IN407A 1997/398-1) e remate en cela de liña do CT Allo nº 2 proxectado, logo de entrar e saír no CT Allo nº 1 e percorrer as rúas interiores do polígono.

– Centros de transformación (2), en edificios prefabricados, de manobra exterior, de 630 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 20/0,40/0,23 kV, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, denominados CT Allo nº 1, que se instalará na rúa G do polígono á altura da medianeira das parcelas nº 14 e nº 15, e CT Allo nº 2, que se instalará á altura da medianeira das parcelas nº 21 e nº 22 na vía auxiliar de acceso ao polígono paralelo á estrada AC-552 (A Coruña-Cee).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña