Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a desestimación do recurso de reposición do acordo de revogación da axuda do Programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 159, do 22 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2013/114-1.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, e advírteselles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación dista cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 24 de outubro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2013/114-1.

Nome: Alicia Blanco Vázquez.

Último enderezo coñecido: rúa Principal, 10, 15930 Boiro.

Feito imputado: non atender debidamente o requirimento de documentación.

Precepto infrinxido: o artigo 11 da Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Contido da resolución: desestimación do recurso de reposición relativo ao acordo da revogación da axuda.