Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48247

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 12 de febreiro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario para o exercicio 2014.

A Resolución do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario para o exercicio 2014, publicada no DOG núm. 35, do 20 de febreiro, recolle no seu artigo 5 que o financiamento destas axudas se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, a través dos créditos consignados na aplicación 04.30.312C.480.0, polo importe de 15.000 euros. Así mesmo, establécese expresamente a posibilidade de ampliar o crédito en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Ao terse producido remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, así como a outros créditos incluídos no mesmo programa, e xa que o crédito inicialmente destinado a esta convocatoria resultou insuficiente debido ao volume de solicitudes presentadas, cómpre ampliar o crédito inicialmente asignado a esta convocatoria.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Ampliación de créditos

Amplíase o importe total dos créditos para o financiamento das axudas previstas na Resolución do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario para o exercicio 2014, na aplicación 04.30.312C.480.0, polo importe de 10.000 euros.

Artigo 2. Prazo de solicitude

Esta modificación non implica a apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración