Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 7 de novembro de 2014 polo que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución ditada na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declaran desistidas na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia as persoas interesadas que se indican no anexo.

Logo de tentar dúas veces as notificacións das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos/as interesados/as para os efectos de notificación, estas non se puideron efectuar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirada», tras os dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalles aos/ás interesados/as que se indican no anexo a resolución antes referida.

As persoas interesadas poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que as persoas interesadas comparezan, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 7 de novembro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Fátima Cruz Fariñas.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Frederico Gomes Silva.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.