Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48666

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de novembro de 2014 pola que se exclúe unha aspirante admitida ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde de 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño).

En virtude da Resolución do 19 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 25 de novembro), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

Unha vez advertido que unha aspirante incluída como admitida con carácter definitivo na dita resolución non cumpría o requisito de titulación exixido na Orde do 20 de xuño de 2013 para participar no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír a aspirante Sonia López Fernández, con DNI 33326209-Z, do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde de 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño).

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleira competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda