Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 11 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/AG/2013/00015, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado, co último domicilio coñecido na Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, A Malata, s/n, 15591 Concello de Ferrol (A Coruña), a resolución que inadmite a trámite o recurso de alzada número AG-2013/00015, formulado contra a resolución ditada polo director de Augas de Galicia, do 23 de outubro de 2012, ditada no procedemento DH.D15.30483, que na súa parte dispositiva di:

RESOLVO:

«Inadmitir a trámite o recurso de alzada RA/AG/2013/00015 interposto por Ana Prego Rodríguez, actuando en nome e representación do Consorcio Proferías y Exposiciones de Ferrol, contra a resolución do director de Augas de Galicia, do 23 de outubro de 2012, ditada no procedemento DH.D15.30483, e confirmar a resolución impugnada.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou na de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está o seu dispor, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas