Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2014/155-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT San Juan Espiño, CT Ciudad Jardín.

Situación: Ferrol (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada CT San Juan Espiño-CT Ciudad Jardín, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,691 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio existente s/n da LMTS SMR-726, coincidente coa derivada ao CT San Juan Espiño (expediente 51.806), en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados coa LMTS SMR-726 (expediente 138/11) a CT Ciudad Jardín (expediente 238/2006).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 30 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña