Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 12 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o requirimento de pagamento de multa do expediente sancionador en período voluntario á empresa Pedra Pais, S.L. co número IN635C 2012/38-4.

Ante a imposibilidade de notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Pedra Pais, S.L. o requirimento de pagamento de multa de expediente sancionador en período voluntario co número IN635C 2012/38-4.

Comunícase que, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento en período voluntario deberá facerse nos seguintes prazos:

Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificacion ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Se a notificación da liquidacion se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos parágrafos anteriores exixiranse en vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 12 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra