Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de novembro de 2014 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/147/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia, ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/147/2013, a Carlos Fernández Casal, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Outeiro, 30, Bértola, no termo municipal de Vilaboa, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística