Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes en materia de residuos CO-RES-2014-0004 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar,
A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0004.

Interesado: Eusebio Quijada Castro.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0008.

Interesado: Benilde Barros Fernández.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0074.

Interesada: herdeiros Martín Iglesias Salorio, C.B.

Acto notificado: proposta de resolución do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0169.

Interesada: Construcciones Constenla Vea, S.L.

Acto notificado: acordo de iniciación do expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0189.

Interesado: Sorin Roua.

Acto notificado: acordo de iniciación do expediente sancionador.