Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2014/157-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMTS SMR721, SMR722 e SMR728.

Situación: Ferrol (A Coruña).

Características técnicas:

Actuación 1. Tramo de liña de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR721, punto A (segundo plano), en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na LMTS SMR721, punto B (segundo plano).

Actuación 2. Tramo de liña de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,310 km, coa orixe en emplames proxectados na LMTS SMR728, punto F (segundo plano), en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final na LMTS SMR728, punto G (segundo plano), despois de interconexionar a SMR722.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte al de la última publicación da presente resolución.

A Coruña, 30 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña