Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 12 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Industrias González, S.L. o inicio de proposta de caducidade da autorización de recursos da sección A) Espiño nº 240, no termo municipal de Agolada, na provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Industrias González, S.L., con CIF B36008555, o inicio-proposta de caducidade da autorización de recursos da sección A) Espiño nº 240, no termo municipal de Agolada na provincia de Pontevedra do 13 de outubro de 2014.

Comunícase que o dito requirimento se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 12 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra