Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 4 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles require documentación aos beneficiarios de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 76 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos interesados, requíreselles para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así, se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar (rúa Salvador de Madariaga, nº 9).

A Coruña, 4 de novembro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Fernández García, Mario

34210317W

103/X/10

A Coruña

IRPF 2012 do fillo Mario

Suspensión

Ferreiro Basalo, Ramón

32394528V

365/X/06

Coristanco

IRPF interesado 2012, 2013 e ganancias patrimoniais

Suspensión

Lista Andrade

32816989Z

229/X/12

Coristanco

IRPF cónxuxe 2012, 2013 e ganancias patrimoniais

Suspensión

Martínez Campos, María Teresa

76498811Y

120/I/11

Porto do Son

Fe de vida e P. Francia interesada e cónxuxe

Suspensión

Millán Rodríguez, Josefa

33233507W

1754/I/96

Ribeira

P. compensatoria 2014

Suspensión

Pérez Rios, Juan Carlos

44848010B

46/I/04

A Coruña

Xustificar imposto sucesións herdanza nai

Suspensión

Santiago Lago, Ramón

33266441T

349/I/07

Santiago de Compostela

IRPF do ano 2012 e 2013 do interesado

Suspensión