Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración dun sistema automatizado de loxística de fármaco, dentro do convenio Hospital 2050, subproxecto GS1-H2050-3: robotización hospitalaria (expediente AB-SER1-14-054).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 24 de decembro de 2014.

d) Número de expediente: AB-SER1-14-054.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun sistema automatizado de loxística de fármaco, dentro do convenio Hospital 2050, subproxecto GS1-H2050-3: Robotización hospitalaria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 42933100-6, 48921000-0, 42997300-4 e 72212782-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

1. Proposta funcional

0-20

2. Proposta técnica

0-10

3. Plan de proxecto e plan de negocio

0-10

4. Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución exposta

0-10

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

1. Duración (en meses) da fase de demostración

0-10

2. Condicións de participación en beneficios de explotación.

0-10

3. Melloras en funcionalidades achegadas pola empresa relacionadas co obxecto específico do contrato

0-8

4. Prazo en meses de servizos en mantemento evolutivo e correctivo da solución

0-6

5. Sistemas que se oferten con licenza corporativa ou libre de licenciamento

0-6

6. Accións ou servizos que faciliten a implantación nos escenarios demostradores

0-5

7. Prezo

0-5

4. Valor estimado do contrato: 1.650.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.650.000 euros. Importe total: 1.996.500 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.2. f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24 de decembro de 2014.

Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de novembro de 2014.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos