Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de xestión de almacén e inventario de equipamento TIC (expediente 118/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de almacén de equipamento e xestión do inventario dese almacén para equipamento TIC da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 4.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 193.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 77.400,00 €, mais 16.254,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 93.654,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 14.10.2014.

c) Contratista: Inforhouse, S.L.

d) Importe de adxudicación: 84.700,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia