Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 13 de novembro de 2014, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de quince (15) días para facer as alegacións que considere pertinentes e poderá examinar o expediente e obter copia dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

María Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: hotel de dúas estrelas rústico, gastronómico Punta Couso.

Titular: Ponce Monte, S.L.

NIF: B82473216.

Enderezo: A Graña, 44.

Concello: Ribeira.