Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 3 de novembro de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02424-O-2014 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Son informados de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se lles facilitará no Servizo de
Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 3 de novembro de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02424-O-2014

2688-DPY

Garda Civil 1501 I92933X

Arias Ttes. Lugo, S.L.

B27120641

Dr. Yáñez Rebol, 35

27004 Lugo

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

19.2.2014; 11.50; DP1703; 0,8

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02905-O-2014

6348-GZP

Garda Civil 1500 C35644I

Gerardo Rodo Bello

76326361X

Santa Lucía, 67

15145 A Laracha (A Coruña )

Diminución do descanso diario reducido en máis dunha hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

8.3.2014; 23.45; A6; 578,2

Art. 142.19 LOTT Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03202-O-2014

C-0444-BV

Garda Civil 1500 R76589W

Transportes Oza, S.L.

B15151863

Estrada de Razo, km 3, nº 20

15107 Carballo (A Coruña )

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

20.3.2014; 11.00; A6; 585,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03223-O-2014

7111-FNZ

Garda Civil 1504 I54077K

Catersa Santiago, S.L.

B70071261

Anxeriz-O Milladoiro, 8 P 2, 2E

15895 Ames (A Coruña)

Minoración do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

22.3.2014; 12.35; AP9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros