Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2014/148-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/148-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 2 LMT, CT, RBT Lume de Suso.

Situación: concello de Coristanco.

Características técnicas:

– LMTA a CT Lume de Suso-tramo I a 20 kV, cunha lonxitude de 1.131 km coa orixe no apoio existente s/n da LMT CBA-807, no tramo da derivación ao CT O Carrizal (expediente 109/2003), en condutor LA-56/54,6 mm2 e final no apoio nº 9 proxectado
tipo C-16/3000 onde se realizará a transición de cable nu a cable illado.

– LMTA illada trenzada a CT Lume de Suso, a 20 kV cunha lonxitude de 0,126 km, coa orixe en apoio nº 9 proxectado, onde se realizará a transición de cable nu a cable illado, en condutor RHVS-12/20 kV/95 mm2 e final no apoio 9/1 proxectado tipo C-22/3000 onde se realizará a transición de cable illado a cable nu.

– LMTA a CT Lume de Suso-tramo II, a 20 kV cunha lonxitude de 0,126 km coa orixe en apoio 9/1 proxectado onde se realizará a transición de cable illado a cable nu, en condutor LA 56/54,6 mm2 e final no CT Lume de Suso proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 5 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña