Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/41-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Enderezo social: rúa Velázquez s/n, 32002 Ourense.

Denominación: LMT e CT para edificio xudicial en Ourense.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

LMT 20 kV de 20 m de lonxitude en canalización cerrada IP65 200×100 mm, polo teito do andar S-2 e con condutor RHZ1 12/20 kV 2OL 3 (1×95 AL) con orixe no CS da compañía distribuidora (dotación de celas de liña, protección, medida e remonte) e remate nos CTS proxectados en edificio xudicial 2×(630) kVA, R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 50.891,09 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 21 de novembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense