Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 49006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de acometida para a subministración eléctrica en alta tensión para o novo Hospital de Vigo (expediente AB-SER3-14-012).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: acometidas para a subministración eléctrica (normal e emerxencia) en alta tensión para o novo Hospital de Vigo (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45231400.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 122, do 30 de xuño de 2014, na web do Servizo Galego de Saúde e plataforma de contratos de Galicia o 30 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.244.062,02 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.036.718,35 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 1.254.429,20 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 15.10.2014.

c) Contratista: Copcisa, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 661.737,32 euros. IVE (%) 21 %. Importe total: 800.702,16 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos